domingo, 13 de febrero de 2011

Excursión

O martes pasado fomos de excursión á Voz de Galicia. O primeiro que puidemos ver foi como traballaban e un plató de televisión. Mais tarde explicáronnos como funcionaban as máquinas e enseñáronnos como funcionaba a nova rotativa que adquiriron. Ao final fomos ao museo onde están algúns dos titulares mais importantes e as máquinas que utilizaban antes.
Ao final da excursión puidemos ir ao Dolce Vita.
Laura Porteiro

martes, 8 de febrero de 2011

Excursión á Voz de Galicia


O martes día 8 de febreiro, os alumnos de 3º de ESO  fomo de excursión á Voz de Galicia ( que se atopa no polígono de Sabón, Arteixo) co noso profesor de xeografía. 
Unha vez que chegamos á Voz, fóronnos explicando todos os pasos que se siguen hasta que un periódico chega ás nosas mans. Transcurrido esto, fomos ao museo da Voz de Galicia, que comezou tan só como unha colección do fundador e rematou como museo. Alí puidemos ver, moitos periódicos de distintos anos e todas as máquinas que se usaban na elaboración dun periódico antigamente( imaxe).
Ao sair de alí, leváronnos ao Dolce Vita donde pasamos o resto da mañá hasta que chegou a hora de voltar para o colexio.