domingo, 7 de noviembre de 2010

actividade 5.1 e 5.2

A animación consiste no deseño e aplicación de movemento a personaxes ou obxectos a través de diferentes técnicas. De tal modo, en función destas técnicas, pódense distinguir varias modalidades de animación: Animación mediante debuxos, animación a partir de figuras tridimensionais, animación mediante imaxes xeradas por ordenador e animación realizada con técnicas mixtas.
A actividade principal das empresas obxecto deste estudo é a prestación de servizos de animación por ordenador, froito do desenvolvemento dos denominados gráficos xerados por ordenador (CG) e a súa aplicación ao cine, televisión, publicidade, etc. na que se inclúen fundamentalmente a animación por ordenador 2D e a animación por ordenador 3D:
- Animación 2D: Hoxe en día, os estudos de animación 2D utilizan soportes dixitais nos seus traballos, polo que o proceso de animación  realízase fundamentalmente a través de medios informáticos. Se se empregan técnicas clásicas, haberá que capturar os debuxos para a súa posterior animación. Se se realizan por medio de programas informáticos, aforrarase o proceso de captura.
- Animación 3D: Baséase nun sistema informático que xera un espazo virtual con tres dimensións, no que se modelan, a partir de redes de malla, os decorados e as personaxes.

Os servizos ofrecidos por este tipo de empresas posúen múltiples aplicacións, entre as que destacan as seguintes:
- Arquitectura e enxeñería: Servizos de infografía (ver glosario) aplicada á arquitectura, enxeñería civil, proxectos de urbanismo e paisaxes, que permiten a previsualización dos modelos con anterioridade ou paralelamente ao proceso de construción.
- Publicidade, televisión e cine: Deseño e animacións 3D para spots publicitarios, series de televisión, películas, etc., así como todo tipo de servizos de postprodución.
- Deseño e animacións para vídeos corporativos e presentacións de proxectos para empresas privadas e institucións públicas.
- Multimedia: deseño e animacións 3D en páxinas web, CD Roms interactivos, etc.

Penso que seria unha boa idea xa que en Carballo hai poucas empresas asi, ademais e unha actividade que nos gusta.
Pode ser unha mala idea xa que casi todo o  mundo ten internet e con el podense facer a maioria de actividades.

Características básicas da empresa tipo
CNAE/SIC9211/ 7813, 7814
IAE9611
CONDICIÓN XURÍDICASociedade limitada.
FACTURACIÓN135.000 €
LOCALIZACIÓNResponde a cuestións persoais ou ao prezo do aluguer.
PERSOAL E ESTRUTURA ORGANIZATIVAUn emprendedor, un administrativo e un animador.
INSTALACIÓNS80  m2
CLIENTESProdutoras audiovisuais, axencias de comunicación e publicidade, institucións públicas e outras empresas.
CARTEIRA DE PRODUTOSServizos de animación por ordenador.
FERRAMENTAS DE PROMOCIÓNBoca a boca.
VALOR DO INMOBILIZADO/INVESTIMENTO17.600 €
IMPORTE DOS GASTOS126.747 €
RESULTADO BRUTO6,11%
Podemos definir as axencias inmobiliarias como aquelas empresas que teñen como actividade principal  intermediar nas operacións de compra-venda, traspaso, cesión e arrendamento de todo tipo de ben inmobles: vivendas, locais comerciais, oficinas, naves industriais, fincas rústicas e urbanas, etc.
É habitual que o labor de intermediación inclúa os servicios colaterais propios das operacións de compra-venda e aluguer: obtención de notas rexistrais, tramitación de escrituras, busca e tramitación de hipotecas, asistencia legal e administrativa, etc. Realizando unha xestión  globalizada, as axencias proporcionan un servicio con maior valor engadido que repercuten na correspondente comisión de intermediación.
Ata o verán do ano 2000, para exercer esta actividade era necesario ter o título de Axente da Propiedade Inmobiliaria (API) e estar colexiado. A liberalización do sector a través do RD 4/2000 do Ministerio de Fomento abriu as portas do mercado da intermediación inmobiliaria a promotores, grandes cadeas da distribución, empresarios, etc.
Segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas do ano 1993 (CNAE-93), esta actividade identifícase baixo o epígrafe 70.31 Axentes da propiedade inmobiliaria. Existe outro sistema de clasificación menos utilizado, chamado SIC (Standard Industrial Classification). De acordo con este sistema, esta actividade inclúese dentro dun único epígrafe 65.31 Axencias inmobiliarias, administradores de fincas.
A continuación identificamos a actividade en ambos os dous sistemas:

CNAE-93SIC
70 Actividades inmobiliarias65 Bens raíces
70.3 Actividades inmobiliarias por conta de terceiros65.31 Axencias inmobiliarias, administradores de fincas
70.31 Axentes da propiedade inmobiliaria 

No seguinte cadro reflectimos as principais características do que consideramos que é a empresa-tipo nesta actividade. O perfil de empresa foi seleccionado desde a perspectiva dunha axencia de recente creación:

CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DA AXENCIA INMOBILIARIA TIPO
CNAE70.31
SIC65.31
IAE834
CONDICIÓN XURÍDICASociedade de Responsabilidade Limitada
FACTURACIÓN83.629,08 €
LOCALIZACIÓNÁreas metropolitanas aínda por desenvolver nas proximidades das cidades.
PERSOAL E ESTRUTURA ORGANIZATIVAXerente da empresa e 2 persoas: 1 secretario-coordinador e 1 comercial-captador.
INSTALACIÓNSOficina de aproximadamente 75 m2 en baixo comercial.
CLIENTESParticulares, fundamentalmente, empresas, constructores e promotores de obra.
CARTEIRA DE PRODUTOSIntermediación na compra-venda e aluguer de inmobles e administración de fincas.
FERRAMENTAS DE PROMOCIÓNAnuncios en prensa, mailing, buzoneo, guías locais gratuítas, páxina web. Imaxe corporativa en todo o material de promoción.
VALOR DO INMOBILIZADO/INVESTIMENTO15.760 €.
IMPORTE GASTOS78.896,32 €.
RESULTADO BRUTO5,66 %.
 VENTAXAS: non se necesita ter un título para realizar esta actividade e pode chegar a ser unha boa idea emprendedora
INCONVENIENTES: necesítase unha grade área para establecer a axencia.